13 oct 2010

Cincenta, Cenicienta, Cinderella

Os contos populares están na tradición dos pobos, pero non pertencen a ningún en particular. Por exemplo, sabemos da Cincenta en galego, que é a Cenicienta en castelán ou español, e tamén Cinderella en inglés, Aschenputtel en alemán, Cendrillon en francés, Akungen en sueco, Pepelyouga en serbio, Hamupipóke en húngaro, Cerentola en italiano, Popelka en checo...

No universo dos contos non existe un único lugar para cada historia. Por iso, de cada un deles hai moitas versións, e cada unha co seu propio nome nalgunha das linguas do mundo. Así que estou seguro de que a nosa Cincenta debe sentirse moi orgullosa das máis de 345 variantes da súa historia.

É ben sabido que a Cincenta é a personaxe principal dun famoso conto de fadas. Nos países de raíz hispánica, ou incluso ibérica, estamos máis familiarizados co relato dos Irmáms Grimm ou coa versión de Charles Perrault. Ademais, probablemente a mayoría coñece a película de Walt Disney. Pero, en realidade, tampouco é certo que haxa unha única versión desa historia. Existen tantas que se pode afirmar que Cincenta realmente non era así, como contaron en Hollywood.

A escritora Alison Lurie, autora do libro No se lo cuentes a los mayores, ofreceunos algúns interesantes datos. Ao parecer, a orixe de Cincenta está no Antigo Exipto, na historia de Rhodopis. Debido a esa antigüidade, as versións multiculturais deste conto popular forman un recurso atractivo na escola, para dar a coñecer as crenzas e culturas doutros pobos.

Aínda que os produtos da factoría Disney posúan unha audiencia inimaxinable para o narrador de contos de calquera época, o seu repertorio é escaso, se temos en conta a extraordinaria riqueza da literatura popular. Iso é o primeiro que se descubre nunha viaxe ao redor do mundo en compañía de Cincenta.


Ver Cincenta ao redor do mundo en un mapa más grande

Esta nova aventura ao redor dos contos só está no seu principio. De momento, atópase nunha etapa inicial. Pero aínda que é unha idea pequena, xa ten o seu título nun mapa de localizacións, que tamén está nunha fase previa. Estou convencido de que coa axuda de Ismaíl e os seus amigos intentaremos embarcar outra vez, e partir en busca das historias de Cincenta…

2 comentarios:

Mª José dijo...

Hola

He encontrado " Fleur de Cendre " (Flor de ceniza ), parece ser que no se trata del cuento original de la Cenicienta " a la japonesa " . Se trata del cuento japonés , una joya apreciada en la cultura japonesa . He leido que el zapatito de la bella nipona es nácar !

Titre : Fleur de cendre
Auteur : Combier, Annick
Illustratrice : Romby, Anne
Editeur : Milan Jeunesse
ISBN : 2-7459-1968-7

Intentaré hacerme con él . Os lo dejo por si no lo teneís en vuestro mapa.

Un cordial saludo

Mario Aller dijo...

Gracias por tu aportación, que no conocía. Si tiene alguna semejanza con el cuento de La Cenicienta, servirá para nuestros propósitos.
Saludos

Related Posts with Thumbnails