No século XXI, no tempo da tecnoloxía, o poder da palabra non debe ser subestimado. É certo que agora tratamos con máis datos visuais que en ningún outro momento da nosa historia. A pesar diso, ás veces algo tan sinxelo como a palabra aínda pode causar un gran impacto, mental ou emocional. Esa forza das palabras orixinouse ao mesmo tempo que o imaxinario popular, como ben sabe a psicoloxía, a antropoloxía ou a etnoloxía. De feito, o imaxinario popular constitúe un campo repleto de tesouros simbólicos. Nese simbolismo baséase a forza dalgunhas palabras e expresións marabillosas que teñen un gran significado na nosa memoria colectiva, e incluso na mesma educación. En definitiva, eses termos, considerados tamén como elementos de aprendizaxe lingüística, son un valioso material para inventar historias na escola.
Con estas fórmulas de inicio, os nenos poden empezar creando un título para unha historia, pois se poden nomear as cousas antes de que a realidade exista. Contan que dese xeito naceu o universo: nomeáronse as súas partes e despois apareceu todo. E hai libros enteiros que semellan o desenvolvemento dun bo título: unha longa viaxe submarina, as aventuras no país das marabillas, a busca dunha pedra filosofal, o lugar onde viven os monstros, etc.
Durante a invención e creación de contos, as fórmulas marabillosas de inicio e final son un recurso máis, e que se poden utilizar a partir de fontes orais ou literarias. Ata o mundo do cine ofrécenos algúns bonitos exemplos, como fixo o director George Lucas na saga da Guerra de las Galaxias. Neste sentido, a actualización deste vocabulario da marabilla non existiría sen o traballo de recuperación desenvolvido por investigadoras como Ana Pelegrín. Esta autora, que nos deixou hai poucos anos (2008), sempre será unha referencia para os que se interesan polos contos e a cultura popular. Ela sempre soubo que calquera das fórmulas de final tamén pode levarnos a un inicio perfecto…
Do poder das palabras saben moito en Imaginantes, que é un espazo propio da televisión mexicana. Trátase dun programa que desenvolve algo parecido á chamada poesía visual. Alguén dixo que as súas producións, os seus pequenos vídeos, son instantes onde a palabra, a imaxe e os sons mestúranse a partir dunha idea, dunha frase, dun conto ou dunha lenda para crear algo totalmente novo.
As imaxes con fórmulas marabillosas realizáronse co screedbot. É unha aplicación que permite xerar un texto animado parecido ao dunha vella máquina de escribir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario