A nosa viaxe ao redor do mundo con Cincenta continúa na escola. Só coa axuda dos contos, fomos cara ao leste para saber doutra cincenta de ollos achinados. O peixe da felicidade resultou ser a súa historia, e Ye Xian o seu nome.
Uns días máis tarde, e desde as terras da China, chegamos ao antigo Exipto, ao país das pirámides. No río Nilo, que atravesa o deserto máis grande de África, coñecimos a Rhodopis. Foi unha escrava grega que tamén logrou ser unha raíña.
Mentres, tamén coñecimos unha nova aplicación, Kizoa. Serve para realizar e compartir presentacións e galerías de fotos, pero ofrece moitísimas opcións e está en castelán, entre outros idiomas. Ademais ofrece unha versión de pago que incrementa as súas posibilidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario