29 dic 2010

Hai que contar!

A escritura sempre será necesaria neste mundo tan cambiante. E non importa tanto a ferramenta que se use como aquilo que se expresa. Porque escribir é unha maneira de construír soños, que dixo a escritora Marguerite Duras.

No blog de aula publicamos os nosos avances con Polgariño conta, un dos nosos soños. Está moi relacionado con algo xa exposto aquí: Para imaginar historias (1) e (2). Atende, sobre todo, á narración, pois ela configura desde hai tempo os significados do mundo. Ademais, é certo que os contos funcionan como pequenas fábricas de comprensión, como explicou Kieran Egan.

Hai que contar, porque, ao final, conservaremos só o que amamos; amaremos só o que sabemos; e só saberemos o que nos ensinaron…

Nalgún sitio lin unhas palabras semellantes ao último que escribín, pero non sei onde foi.

1 comentario:

Anónimo dijo...

hello interessante assunto , gostei bastante, secalhar poderiamos tornar-nos amigos de blog :) lol!
Aparte de piadas o meu nome é Cristiano, e como tu escrevo blogues embora o tema principal do meu blog é muito diferente deste....
Eu faço páginas de poker sobre ofertas grátis sem ter de fazer depósito sem arriscares o teu dinheiro......
Gostei imenso o que li aqui!

Related Posts with Thumbnails