15 may 2011

Historias de mestres

En Twitter sempre ocorren cousas inesperadas. Por exemplo, do amigo @cpaez01 recibín un tuiteo que me emocionou. Tratábase dun post titulado Esos locos que enseñan, no blog Historias de un maestro cualquiera. E sen máis, púxenme a traducir ese texto ao galego. Só unha adaptación.

Eses tolos que ensinan. Eu coñézoos. Vinos moitas veces. Son raros. Algúns saen cedo pola mañá e están no cole unha hora antes, outros percorren todos os días máis de 100 Km de ida e outros tantos de volta. Están tolos.

No verán danlles vacacións, pero non desconectan de todo, pensan nas súas clases, preparan tarefas para o curso seguinte. No inverno falan moito, sempre levan caramelos de mel e limón nos petos, outros cunha botella de auga ao seu lado. A súa garganta sempre está dolorida, pero seguen ensinando, ás veces forzan a súa voz, pero seguen transmitindo os seus coñecementos con agarimo e ilusión.

Eu vinos, non están ben da cabeza. Saen de excursión cos seus alumnos e encárganse de xestionar autorizacións, recollida de diñeiro e responsabilidade extra.

Que será deles. Pola noite soñan co colexio, aparécenselles planetas, ecosistemas e personaxes históricos. Escoitei que chegan cargados con cadernos pequenos e exames, que corrixiron a tarde antes na súa casa.

Son mulleres e homes, casados, solteiros…, de diferentes idades, pero a todos apaixónalles o seu traballo, ver crecer aos seus alumnos, axudalos e conseguir deles cidadáns competentes.

Vinos moitas veces. Están mal da cabeza. Algúns din deles que viven moi ben, pero lles recortaron o soldo e seguen a traballar incluso máis que antes. Algúns non miran nin a súa nómina porque a súa paixón polo ensino fainos cegos a pensar no cobro. Gozan co que fan, aínda que haxa pais que os critiquen e que lles quiten autoridade, pero eles seguen para adiante.

Están mal. Polas tardes quedan para facer cursos de formación e non lles importa perder tempo do seu lecer para reciclarse.

Din que son autocríticos e que fan balance das súas experiencias educativas, que se frustran cando non saen as cousas, que se alegran cando os seus alumnos avanzan.

Están mal da cabeza, eu vinos. Din dalgúns que foron moi importantes, que sempre teñen palabras de alento; din que son MESTRES e que se senten MOI ORGULLOSOS DE SELO…

O meu colexio

3 comentarios:

Carlos dijo...

Da gusto encontrar a tantos, que piensan igual.
Somos maestros y estamos orgullosos de serlo.
Un abrazo de un loco a otro :-)

Mariví dijo...

¡Cuánta verdad encierra este texto!
Me encató, Mario.

Mario Aller dijo...

Gracias, Mariví, por tus palabras. Entonces, seguro que también te gusta esto:

http://www.educacontic.es/blog/los-maestros-aun-cuentan

Saludos

Related Posts with Thumbnails