1 nov 2011

Imos contar

Esta idea non é nova, pero é importante a confianza.

Había unha vez un pequeno mundo. A xente contaba contos e disfrutaba con historias de sereas travesas, de bosques escuros e de princesas. Mais todo cambiou un día. O mundo fíxose maior, e os contos perdéronse devorados polo monstro do tempo. Así que necesitamos a túa axuda para que non desaparezan.

Agora temos algo para inventar historias novas, historias de astronautas e de fadas azuis, historias de castelos e de todas as cores da Terra. Hai que contar historias co ordenador: para aprender, para sorrir, para voar polo mundo coa imaxinación. Coa túa imaxinación!

Entón, imos contar historias?

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails