Ninguén pode prometer que algunha historia vaia a darnos máis certezas ou unha verdade obxectiva. Así e todo, con elas recibiremos aquilo do que nace o romance, a traxedia e mais a comedia, algo que en si mesmo pode ofrecernos unha vida entretida e significativa. As historias servirán para que poidamos escoitar os contos de outros, que son tan comúns e orixinais como os nosos. E iso aínda perdura porque nós, animais que contamos contos, atopamos mediante as historias a mellor maneira de superar a nosa soidade e os nosos medos, de desenvolver a compaixón e de crear os fíos invisibles que unen ás xentes…
(vía Cristina Muñoa, de GTB-Sigrás-Blog de Quinto)
No hay comentarios:
Publicar un comentario