18 feb. 2009

O taboleiro fantástico

Imaxinemos que un conto non é máis que un armazón de diversos elementos. Entón, tamén poderiamos imaxinar un conto como unha cuadrícula construída a partir de catro columnas básicas: os personaxes, os lugares, os obxectos e as situacións problemáticas. Nese entramado especial, cada columna posúe un idéntico número de compartimentos.

Exemplo (CLIJ nº 158):

O taboleiro fantástico

Así xa temos o taboleiro fantástico. Os seus compartimentos hai que enchelos cun vocabulario especial, con palabras que, dalgunha maneira, pertenzan ao universo dos contos. Poden ser termos narrativos da tradición e o imaxinario popular ou da litaratura infantil e xuvenil, e tamén provenientes da actualidade.

Material necesario:

  • Un cartel que recolla o vocabulario específico dos contos, e elaborado de forma colectiva na aula. Ese vocabulario será organizado nos catro elementos deste recurso, que acabamos de citar. Desa maneira, ao rematar o taboleiro fantástico, se os nenos e as nenas seleccionan un elemento de cada columna, poden inventar ducias e ducias de historias. Non hai ningún límite. En todo caso, para escribilas todo vai a depender dos procedementos narrativos que se propoñan.

Desenvolvemento:

Este taboleiro fantástico é un dos accesorios máxicos para xogar a inventar e escribir historias. A práctica actual irase mostrando, pouco a pouco, no noso blog de aula Escola de Ismaíl.

2 comentarios:

Fátima Campilho dijo...

Olá, Mario!
Vou construir um tabuleiro desse.É realmente fantástico e já estou pensando nas dezenas de histórias que meus alunos produzirão com ele.
Abraços

Mario Aller dijo...

Ola, Fátima!
Eu tamén farei o mesmo cos meus alumnos en canto poida. É outro dos nosos "accesorios máxicos" para inventar e escribir histotias. Alégrame saber que nalgún lugar do Brasil alguén cooperará con nós para facer moitos contos cun "taboleiro fantástico".
Unha aperta desde Galicia, España.

Related Posts with Thumbnails