Hai tempo, publicamos unha entrada titulada Inventar contos na Web 2.0, que recollía algúns enlaces para facer historias cos elementos e os ingredientes dos contos. Para continuar dalgún xeito con aquela exposición, hoxe amosamos un novo recurso: Proppian Fairy Tale Generator. Utiliza as funcións da teoría de Vladimir Propp, e con ese material permite que constrúamos contos a partir das funcións que escollamos. O único problema é que está en inglés.
A idea foi un proxecto que se desenvolveu na Brown University no ano 2001, e que estivo dirixido polo profesor Lewis Seifert. Se o noso dominio da lingua inglesa non é un impedimento, podemos experimentar coa teoría de Propp e coa estrutura dos contos populares. E incluso usar materiais narrativos dos irmáns Grimm e de Perrault.
No caso de non manexar ben o inglés, temos a oportunidade de empregar algún tradutor para solucionar o problema. Pero como a súa eficacia é aínda moi mellorable, seguro que logramos unhas boas risas cos textos que se orixinarán.
2 comentarios:
Ola Mario, coñezo hai moitos anos a Rodari e por el a Prop, andiven tola na percura das cartas ata que conseguín unhas, non as del exactamente pero sí unhas moi semellante e con debuxos máis atractivos e funcionan estupendamente. Trouxomas unha compañeira de Suiza.
Agrúpanse en personaxes (heroes e anti-heroes), obxectos máxicos e lugares. Son moi divertidas. Tamén me resultou moi ben o xogo das bolsas: Dispor as mesas por lugares (unha pode ser a cova, o mar, a escola...) logo meter nunha bolsa palabras relacionadas cos lugares. Os nenos meten a man e sacan unha palabra, teñénse que sentar na mesa na que esté letreiro do lugar relacionado con esa palabra. Compoñen o conto colectivamente nun folio pautado con tantos grupos de pautas como nenos do grupo. Unha variante é dbuxalo con rotuladores indelebles en diapos e pasarlleo ó resto dos grupo interpretandoo con efectos sonoros. Non te aburro máis.
Saúdos.
Celina
Engáncho Contomundi ó blog
Quero que saibas que me tés marabillada co teu traballo
Grazas, Celina, e alégrame atopar por aí xente encantada con Rodari e con Propp... Eu tamén teño algúns xogos de cartas. Un deles chegou de Francia por unha amiga, e ten por nome Le tarot des mille et un contes. Pero creo que será mellor que usemos o correo para contarnos máis cousas.
Unha aperta
Publicar un comentario