28 mar 2011

Chamando á porta

Dixeron que cando un neno non le, a imaxinación desaparece. Pero tamén contan que abrir un conto é como abrir unha porta a un mundo imaxinario. E cando esa porta se abre, acontecen cousas inesperadas. Por exemplo:

Alguén fala coa Lúa ou pide un desexo a unha estrela fugaz. Talvez a esperanza perdida é recuperada nun bosque encantado. Ou ao mellor un bico transforma en príncipe unha ra verde. E aparece unha fada madriña que converte unha cabaza nunha incrible carroza…

Tamén hai recordos e bágoas, e a inspiración dos mundos marabillosos levántase, vitoriosa, como unha ave fénix. E renace das súas cinzas. Por iso, é necesario explorar a porta dos contos, que tamén é a porta dos soños. Debemos escoitar a súa canción, e bailar, e bailar como un dervixe

Así, para que a imaxinación chegue, hai que abrir esa porta. E no blog de aula acabamos de abrila. Está en Polgariño conta, o seu nome é O taboleiro fantástico.

1 comentario:

Alejandro Costa dijo...

Estoy de acuerdo en que hay que leer mucho. Aparte de que es divertido y alimenta nuestra imaginación, por eso, tenemos que alimentarla bien, para poder ser capaces de inventar cada vez más cuentos y mejores para Polgariño Conta.Además, cada libro que lees te transporta a mundos diferentes y vives esperencias extraordinarias.

Saludos Mario.

Related Posts with Thumbnails