7 jul 2011

Desaparecerá a imaxinación?

A Juan Barbeito, in memoriam.

En todas as culturas do mundo atópase o recordo, e tamén a presenza, da narración oral. O griot dalgúns pobos do centro de África, o aeda do mundo grego ou o bardo dos finisterres céticos contaban historias para a súa xente. Aínda ocorre así en moitos lugares do planeta, pero nas sociedades modernas asistimos a unha lenta desaparición dos contacontos verdadeiros. Parece un proceso irremediable. Quizais os últimos narradores xa só desexen ver a televisión, como fai agora todo o mundo.

Algúns anos atrás, unha campaña publicitaria de Literacy Foundation (Canadá) tivo por lema unha bonita frase: Cando un neno non le, a imaxinación desaparece. Esta idea desenvolvíase en vídeo sinxelo pero impactante. Nel, algúns protagonistas de contos moi coñecidos, como a Cincenta, Peter Pan e Wendy, aparecen nun hospital. Nótaselles envellecidos e cansos, e por iso buscan a atención médica que precisan. Pero sobre todo na súa cara percíbese a tristeza, porque están tristes, moi tristes. Talvez sospeitan que os seus problemas teñen que ver coa falta de imaxinación, e que aumentan cando os contos non son lidos nin escoitados…


Literacy Foundation: The Gift of Reading – Cinderella

Tomando como pretexto esta idea, neste post recuperaremos algunhas antigas historias coa axuda das novas tecnoloxías. Seguiremos unha metodoloxía semellante á que se usou noutro post para clasificar, dalgún xeito, os diferentes relatos. Trátase de animar a ler: para escoitar as voces populares ou de autor, para educar a sensibilidade, para deixarse levar polas palabras e a imaxinación.

En realidade, os contos e os seus personaxes non loitan contra ningún monstro de “aparencia TIC”, nin tampouco contra ningún devorador tecnolóxico de contos ou de libros. Temos que dicilo ben alto, en Internet lese e moito, e pódese promover a lectura contando cos recursos deste medio. Porque, a pesar de todo, tanto nos colexios como nas aulas, hai poucas cousas tan fermosas como a mirada dun neno ou dunha nena cando len.

Nos contos populares familiares:

Nos contos populares de España:

Nas adaptacións modernas e contos popularizados:

Nos contos populares doutras terras:

Din que cando un neno non le, a imaxinación desaparece. Pero abrir un conto, tamén en Internet, é como abrir unha porta a un mundo imaxinario. Cando esa porta ábrese, ocorren cousas inesperadas, como xa contamos.

Por iso, repítome… Quizais non podamos entregar aos nenos un mundo libre de pesadelos e de conflitos; que quizais desaparezan os lugares fermosos e verdes. Pero coa defensa do imaxinario e da lectura para transformar o mundo, estaremos ofrecéndolles, aínda por moito tempo, a palabra creadora:

Alguén fala coa Lúa ou pide un desexo a unha estrela fugaz. Talvez a esperanza perdida é recuperada nun bosque encantado. Ou ao mellor un bico transforma en príncipe unha ra verde. E aparece unha fada madriña que converte unha cabaza nunha incrible carroza. Tamén hai recordos e bágoas, e a inspiración dos mundos marabillosos levántase, vitoriosa, como unha ave fénix. E renace das súas cinzas. Por iso, é necesario explorar a porta dos contos, que tamén é a porta dos soños. Debemos escoitar a súa canción, e bailar, e bailar como un dervixe. Así, para que a imaxinación chegue, hai que abrir esa porta...

1 comentario:

Mario Aller dijo...

Creo que lo explicas muy bien, Araceli... La imaginación no se desarrolla sola, no nace de la nada, requiere de algunas condiciones. Pienso que una de ellas está en la palabra aventura, porque imaginar es como ponerse a andar, a caminar. Y así como hay caminos ordenados y limpios, tampoco hay un único modelo de imaginación, y mucho menos sin juegos y emociones. Pero en la escuela, a veces, el monstruo del tiempo nos devora...

Me alegra saber que te gusta lo que escribo. Y en una noche como hoy, cuando un amigo se ha ido, aún se agradece más. Gracias por todo...

Related Posts with Thumbnails