En calquera caso, despois de cruzar esa porta inicial, aparecerán as probas, os inimigos e talvez máis aliados. Nun momento da historia, nun lugar escuro e afastado e perigoso, resolven certo enigma ou proba suprema. Así é como acadarán a súa recompensa. Aínda que, con toda probabilidade, serán perseguidos no seu camiño de volta, no seu regreso á casa e ao seu mundo ordinario.
Atravesarán entón a porta final da aventura, e resultarán transformados por esa mesma experiencia. Con todo, chegarán ao final desa historia, e chegarán coa alegría e a bendición dos seus, seguramente cun tesouro que favorecerá a súa nova vida. De feito, nada será como antes…
No hay comentarios:
Publicar un comentario