Mostrando entradas con la etiqueta Africa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Africa. Mostrar todas las entradas

5 dic 2010

Cincenta ao redor do mundo

A nosa viaxe ao redor do mundo con Cincenta continúa na escola. Só coa axuda dos contos, fomos cara ao leste para saber doutra cincenta de ollos achinados. O peixe da felicidade resultou ser a súa historia, e Ye Xian o seu nome.

Uns días máis tarde, e desde as terras da China, chegamos ao antigo Exipto, ao país das pirámides. No río Nilo, que atravesa o deserto máis grande de África, coñecimos a Rhodopis. Foi unha escrava grega que tamén logrou ser unha raíña.

Mentres, tamén coñecimos unha nova aplicación, Kizoa. Serve para realizar e compartir presentacións e galerías de fotos, pero ofrece moitísimas opcións e está en castelán, entre outros idiomas. Ademais ofrece unha versión de pago que incrementa as súas posibilidades.

18 oct 2009

A cidade paraíso

Alguén podería crer que esta cidade saíu dun libro de Italo Calvino. Pero non é así. Na súa obra, o escritor italiano falou de cidades invisibles con nome de muller, e os seus relatos son máis curtos e poéticos. A cidade paraíso, en realidade, é un conto tradicional do norte de África, neste caso de Marrocos. Non podo afirmar se Calvino coñecía ou non esta historia, aínda que é posible, pois escribiu varios libros de contos populares.

Alguien podría creer que esta ciudad salió de un libro de Italo Calvino. Pero no es así. En su obra, el escritor italiano habló de ciudades invisibles con nombre de mujer, y sus relatos son más cortos y poéticos. La ciudad paraíso, en realidad, es un cuento tradicional del norte de África, en este caso de Marruecos. No puedo afirmar si Calvino conocía o no esta historia, aunque es posible, pues escribió varios libros de cuentos populares.

Related Posts with Thumbnails