Houbo na terra de Kottaiam, no estado hindú de Kerala, preto da Costa de Malabar, un río milagreiro de augas máxicas. Era un río sagrado paras as súas xentes, que formaba na metade do seu curso, máis ou menos, unha especie de pequena lagoa coas augas que baixaban dos montes.
Contan que as augas daquel río, e naquela precisa lagoa, adquiriran co paso do tempo unha propiedade especial, única. Os sedimentos que viñan de certas montañas afastadas facían que calquera que se bañase alí, home ou muller, de inmediato quedaba transformado en pedra caliza. Pero o máis extraordinario era que aquel que conseguía sobrevivir a unha inmersión nas súas augas, recibía os dons dun poeta, e comezaba a falar a mesma lingua da poesía...
4 comentarios:
Non haberá por aquí un río ou un lago semellante. Sería de agradecer que os que sobrevivisen establecesen a lingua da poesía e o entendemento. Fermoso vídeo. Un saúdo
Tamén digo iso, pero sinto non poder darche ningunha axuda. Creo que os ríos están todos contaminados...
COMO MOLA ESTE BLOG!!!!!!
Ainara..., :-) Ah, e grazas por visitalo.
Publicar un comentario