6 ene 2011

Escritura e narrativa dixital

É innegable que a utilidade da escritura como acción lingüística excede o ámbito da narración. De todos os xeitos, aínda que resulta necesario ensinar a escribir textos diversos, con diferentes intencións comunicativas, basicamente tamén hai que ter en conta o poder xerminativo dos diferentes tipos de texto. Posto que non todos os textos se poden moldear, sobre unha estrutura máis ou menos fixa, cunha serie elementos que parecen case prefabricados, e orixinar con ese recurso unha ilimitada serie de combinacións. Ese texto único que permite tantas modificacións creativas é o conto, como nos revela a cantidade extraordinaria de versións que presentan os relatos populares.

Noutros posts xa analizamos algúns aspectos da aprendizaxe da narrativa, especialmente da denominada narrativa dixital. Por iso, poñemos atención ás ideas de Bryan Alexander e Alan Levine, que defenderon de xeito eficaz o uso de certos recursos online, da Web 2.0, nesta nova narrativa ou dixital storytelling.

Debido ás propias características da Rede, pódese afirmar que aparecen e desaparecen utilidades cada día, e aínda máis neste tempo de crise. En diferentes momentos, mostramos como o seu emprego favorece as novas aprendizaxes do ensino no século XXI: a lectoescritura multimedia e a narrativa dixital, entre outros. Por esa razón, unha relación de aplicacións con esas características será sempre relativa:

Pero coñecemento da lectoescritura é, en certo modo, a proba iniciática que se lles reclama aos nenos e nenas para que poidan integrarse plenamente na nosa sociedade. E nese coñecemento inclúese a resolución de actividades narrativas, que requiren unha planificación axeitada. Por esa razón, talvez deberiamos ser un pouco máis conscientes da lentitude destes procesos educativos, e dese modo adaptar o desenvolvemento da súa aprendizaxe, tecnolóxico ou non, ás esixencias psicolóxicas do alumnado.

Na escritura, ao inventar unha historia, unha simple folla en branco pode parecerse moito a unha práctica de tortura. E con máis razón na escola primaria. Por iso é recomendable, creo que imprescindible, ofrecer sempre axudas e motivos para escribir na aula.

En calquera caso, e tamén na aprendizaxe do século XXI, o importante será escribir. Non importan tanto os utensilios ou as maneiras, importa o que se escribe. E contar seguirá sendo necesario, incluso na narrativa dixital.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails